Os 100 dos International Trekkers Barbanza Sar

Páxina con información dos 100 dos International Trekkers, a primeira andaina galega de ultrafondo, a celebrar na península do Barbanza entre o 21 e 22 de xuño de 2014  [info en español]

Na proba piloto de 2013, entre viñas

Na proba piloto de 2013, entre viñas

Baseándonos na experiencia dos 24 camiñantes que fixeron a primeira andaina de 100 en xuño do 2013 polos concellos de Boiro, Lousame, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, lanzámonos a organizar a primeira camiñata pública de ultrafondo (100 kilómetros) de Galicia.

A andaina percorre vales, montes, beiramar, regos e ríos, e nun 85% lonxe do asfalto. Se nunca fixeches unha andaina de 100km en 24 horas, este pode ser un fermoso reto para o 2014. Se xa fixeches algunha, esta non é a máis dura, pero si que é das máis bonitas, ó ter vistas de duas rías e poder ver dende Fisterra ata Oia, toda a costa sur galega.

A andaina non ten restriccións de tempo: Pódela facer a correr, a trotar, a andar, ou indo á pata coxa, pero tes que chegar antes de 24 horas. Está deseñada para que sexa posible para unha persoa afeita a facer andainas de 50km. Imos facer 100km. Vés?

Cartel Fitur

cartel_100km_2a